«A esgrima é rotundamente divertida»

Bea Costa
B. Costa VILAGARCÍA

AROUSA

Entrevista | Araceli Bugallo Otero Araceli Bugallo leva anos metida na competición pero agora a súa prioridade é dar a coñecer o deporte da espada entre os máis cativos. No outono ten previsto pór en marcha unha escola de esgrima en colaboración co Concello de Vilagarcía

02 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A «curiosidade» foi o que levou a Ara hai trece anos a coller a espada. Empezou por aquelo de probar algo novo e acabou sendo campiona de España e subcampiona por equipos no 2003. Esta cambadesa tivo que ir primeiro a Ferrol e logo a Santiago para poder practicar a esgrima xa que na comarca non hai unha escola ou clube onde iniciarse nesta disciplina. Acaba de incorporarse á competición despois dun ano sabático por mor dunha lesión, pero a súa prioridade no 2005 é dar a coñecer e difundir este deporte entre os nenos, para o cal vai pór en marcha en Vilagarcía, en colaboración co Concello, unha escola de esgrima para os cativos. «Faremos unha captación con nenos en idade escolar e ver se hai rapaces suficientes, que penso que si, e en setembro empezará a escola en Vilagarcía». -¿A esgrima precisa unhas cualidades especiais ou serve todo o mundo? -Si, calquera serve, porque é moi doado. Hai que ter unha condición física máis ou menos aceptable e tamén é importante a velocidade e os refrexos¿ pero todo iso faise co adestramento. Do que se trata é de tocar e que non te toquen. -O da esgrima a moitos lle queda lonxe pero, ¿quen non se divertiu de pequeno xogando ás espadas? -Craro, e que a esgrima é rotundamente divertida. -¿Cal é a situación desta disciplina en Galicia e en España? -En Galicia temos cinco clubes e, en competición, non chegamos nin a un cento de persoas. España está nun nivel baixo respecto a outros países. Nas Olimpiadas nunca pasamos das primeiras eliminatorias, só en sable. -¿Cales son as potencias? -Italia, Francia, Alemania os búlgaros¿ -¿Por que eles si e nós non? -Nestes países, xa nas escolas está integrada a esgrima como deporte escolar. Os mestres están continuamente investigando e renovando nesta materia. -Pero en España hai tanta ou máis tradición. -Si, de feito o primeiro tratado de esgrima se fixo en España. Por exemplo, na época dos Reis Católicos, fíxose o primeiro regulamento dos duelos, pero houbo unha época que quedou estancado, mentres que Italia e Francia avanzaron moitísimo e importaron mestres de esgrima dos países do leste. Curiosamente, a esgrima moderna empezou cando apareceu a pólvora porque as armaduras e armas pesadas xa non tiñan sentido, e veuse que había que facer unha esgrima de habilidade. - A imaxe dos espadachíns que trascende a través de Cyrano ou os Mosqueteros ¿responde á realidade deste deporte? -Si, a base da modalidade artística é a esgrima deportiva. Sen ir máis lonxe, a persoa que me dou a min o curso de esgrima artística é o que prepara aos actores e da clases na Escola de Arte Dramático. - De feito a maioría sabemos máis da esgrima polo cine que polas Olimpiadas. É difícil ver un asalto de florete en directo... -Si, as competicións son sempre na Coruña. -¿Estamos ante un deporte de élite? -Nun principio pode parecer que si, porque só se practicaba na Coruña. Agora xa hai máis escolas e pode acceder moita máis xente, pero hai que ir a Ferrol, A Coruña, Santiago ou Vigo. -A distancia é un inconvinte para iniciarse nesta modalidade deportiva desde O Salnés, e económicamente, é igual de inasequible. -As escolas contan con espadas, con caretas¿ o único que ten que aportar o alumno é o guante. Ocorre coma con todo, se te metes máis a fondo hai que gastar máis dos teus propios medios. -Fágame un orzamento aproximado. -A espada custa sobre 60 euros, o traxe con pantalón e chaquetilla, algo máis de cen e a careta, uns 40 euros. Pero na escola non será necesario mercar todo isto. -Sobra dicir que as armas teñen a punta redondeada e que o perigo está minimizado. -Non hai perigo. Hai que ter en conta que se leva sempre unha protección interior que é ríxida e a maioría dos tocados van dar nesa protección. Ademais, levas a chaquetilla e careta¿ como moito podes sair cun negrón. -¿Cales son as diferencias das tres disciplinas? -En principio, o máis asequible é a espada porque o tocado é en todo o corpo. Logo está o florete, que só se pode tocar da cintura para arriba e co sable os tocados poden ser da cintura para arriba, incluidos brazos e cabeza. -¿A súa preferencia? -A espada. -Todo parece que está todo moi calculado, pero algún imprevisto haberá. -Pasoume unha vez que tiven que competir cunha espada destra, cando eu son zurda, porque das dúas espadas que levaba eu ningunha me pasou as probas do peso e galga. -Gañei. Foi a millor victoria da miña vida.