TRIBUNA PÚBLICA | O |
13 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.LEO O día 7 por enésima vez en este mesmo espacio a dona Carmen Rivas Villanueva. Afirma que todas as facturas da segregación deixan de prescribir ao haberse firmado o convenio coa Xunta. Cabería aclarar que o único Concello que puido presentar facturas foi o de Vilanova. Todas as facturas que presentou fóronlle aprobadas e só as que presentou. As que non presentou non as puideron aprobar. Polo tanto, para saber a cantidade que ten que pagar o Concello da Illa de Arousa a calquera empresa, solicítase unha certificación ao Concello de Vilanova, e con esa certificación págase, nin máis nin menos. No caso da Compañía de Electrificación a cantidade ascede exactamente a 157.206,08 euros. Do mesmo escrito se deduce que non vai demandar ao Concello pedíndolle xuros por demora unha vez que o pleno non lles aprobou o gasto, posto que se llos reclamara gustaríame saber quen os tería que pagar. Supóñome que os grupos que non apoiaron o punto. En canto ás acusacións do apoderado da empresa e da súa gravidade recordarlle que non ofende quen quere, senon quen pode e a miña impresión é que Manolo Goday pretende tapar un fallo seu como apoderado da empresa utilizando aos medios de comunicación e intentando ocultar así a súa mala xestión. Do que si me congratulo é de que ainda que non teño o gusto de coñecer a Carmen Rivas, vexo que está preocupada pola Illa de Arousa. Para que se tranquilice podo decirlle que para ser alcalde hai que presentarse e gañar as eleccións. E si este pobo foi capaz de aguantar todo o que lle fixeron historicamente, malo será que non aguante con vostedes, ainda que non o merezan. O que si me da pena é ver como desfai a Compañía de Electrificación S.L. ¡Pobre Compañía de Electrificación!