Reportaje | Consello da Muller en O Grove O órgano consultivo reuniuse o mércores cun obxectivo claro: darlle pulo ao CIM grovense, onde unha psicóloga e unha asesora xurídica prestarán os seus servizos
04 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Acostumados a debates plenarios onde, prácticamente, só soan voces masculinas, agás a excepción da coñecida paridade de ZP, cabe resaltar unha xuntanza na que somentes houbo verbas femininas. O mércores reuniuse por primeira vez no Grove o consello da Muller, presidido pola concelleira Paula Janza. O órgano contou co respaldo das féminas de todos os grupos políticos, sindicatos, e entidades empresariais grovenses. Nesta primeira toma de contacto, as actividades e servizos do CIM (Centro de Información á Muller) foron as protagonistas. «Aínda que no Grove coñecémonos todos, o protocolo mandaba facer este acto de presentación para saber con que cousas contamos», dixo onte Paula Janza. A voz da edila contou ao resto do consello que no CIM de O Grove xa se dispón cunha psicóloga que da apoio ás mulleres que o soliciten e, en pouco tempo, tamén haberá unha asesora xurídica para axudar ás feminas en todo tipo de papeleos legais. Ademáis, na reunión do mércores perfilouse outra iniciativa. Trátase da elaboración dun manifesto para ler no pleno do día 25 novembro, que coincide co Día da Muller Traballadora. Polo momento, está redactado un texto base a partir do cal cada representante propoñerá iniciativas para chegar ao manifesto total. O escrito fará fincapé na violencia de xénero. Un problema do que a concelleira Paula Janza afirmou que «moito me temo que hai moitos máis casos dos que se denuncian. Nós temos que estar ahí e apoiar a esas mulleres en todo momento, aínda que só haxa unha que teña o problema». A próximo encontro do consello será o día 19. Unha data na que tamén se elixirán as mulleres dos premios Mecas. En principio, haberá dous galardóns para persoas físicas e dous para colectivos.