Disculpa a Rivera

DIRECCIÓN DE «ÁGORA»

AROUSA

TRIBUNA PÚBLICA | O |

14 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTIMADO señor Rivera: A presente ten por obxecto lamentar e pedirlle disculpas polo erro advertido no seu artigo de opinión na revista Ágora. É a primeira vez que nos ocurre unha situación así. Como o seu é o único que vén escrito en papel, non en formato electrónico (disquete), o artigo foi lido no orixinal, non na copia que fixo unha auxiliar deste Concello, no convencemento de que estaría corrixido. O que pasou, como pode comprobar, é que quen picou o texto se comeu unha liña enteira. Con ser lamentable, é unha situación máis ou menos habitual en calquera medio de comunicación, polo que a súa subsanación só se pode facer por dúas vías: insertando a carta na revista no seu formato concreto, o que é practicamente inviable a estas alturas do proceso, ou ben, no número seguinte, previsto para decembro, incluir unha fe de erratas na que se explique o ocurrido, que é o que, de acordo co mandato do alcalde, en definitiva o editor da revista, é o que se vai facer. Lamentando de novo os prexuízos que sen dúbida lle pode causar este erro, e garantíndolle que persoalmente nos ocuparemos de que non se volva repetir, reciba un saúdo. . Esta carta de disculpa fue remitida al portavoz de Independientes por Vilagarcía, José Luis Rivera Mallo, con fecha de 8 de octubre.