«Pinto mulleres porque son importantes na vida»

María Hermida
María Hermida VILAGARCÍA

AROUSA

Entrevista | José Lorenzo Macías PINTOR QUE EXPÓN NA SALA BRIONES RIVAS O artista pontevedrés inaugura hoxe en Vilagarcía unha mostra que está a cabalo entre o surrealismo e o expresionismo. Un total de 50 pinturas nas que destaca a presenza do xénéro feminino.

07 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?ada máis chegar á sala Briones Rivas, unha multitude de raios de luz e cor reciben ao visitante. Como se de estrelas se tratase, as obras de Macías enchen de luminosidade o espazo vilagarciá. -Case quedan pequenas as paredes para dar cabida a todos os cadros... -Pois si, trouxen absolutamente todo o que tiña no estudio, non deixei nada. Aquí hai tanto pinturas de hai oito anos como algunhas moi recentes, como a que fixen do drama na escola de Beslán, en Rusia. -afirma mentres sinala a un cadro no que se ven a nenos con cara de sufrimento entre escombros e confusión-. -¿Cal é para vostede a nota predominante nesta exposición? -Eu penso que tanto a cor como a luz e os volumes. Para min a cor é fundamental, imprescindible. Encho todos os cadros con moita cor, sobre todo de tons vermellos, amarelos e negros. -A todos artistas se lles buscan os pintores anteriores dos que beben, ¿de quen lle soen dicir que ten influenzas a súa obra? -Algúns críticos din que os meus cadros recordan a Picasso, outros a Bottero, e tamén din que estou influenciado por Velázquez -pintei varias veces Las Meninas-. Pero cando me preguntan a min sempre digo que me parezo a Macías. Creo que despois de todos estos anos conseguín un estilo persoal, diferenciado. -¿E como definiría ese estilo propio? -Pois medio constructivista, medio expresionista. Un arte un pouco ecléctico, quizais moi figurativo e sempre cheo do que antes dixen, da cor. Ademáis, esa cor é o que teñen en omún todas as pinturas, nótase á primeira vista. Algunhas delas parece que teñen vida, pola luz e a cor. -Unha obra na que a figura feminina ten un predominio absoluto... -Si, pinto mulleres porque son importantes na vida. Son o máis importante que hai na vida das persoas. Además, a figura feminina ten unha harmonía e un volume especial, encaixan á perfección na miña obra. A maioría das mulleres que pinto teñen caras nas que se reflicte a inocencia, -o pintor sinala agora a unha serie que el denomina Bonecas, na que se observan numerosos rostros femininos-. -Moitas mulleres e tamén numerosas referencias á actualidade, como o cadro do drama de Beslán do que antes falaba... -Si, a min gústanme moito os nenos e o que pasou nesa escola rusa afectoume moito. Por iso pintei ese cadro no que se ven os pequenos sen roupa, sufrindo e unha atmosfera de confusión no que nada se entende e ninguén sabe o que pasa. -Falaba antes de figuras coma Picasso, Botero ou Velázquez, pasemos agora aos artistas galegos, ¿gústalle algún pintor en especial? -Pois chámame moito a atención Lamazares. -¿Cree que a arte galega está nun bo momento? -Penso que saen moitos pintores, moi ben preparados, pero que van todos polos mesmos derroteiros. Non digo que non haxa algún que destaca, pero o resto parece que pintan todos o mesmo. -¿A favor ou en contra das obras que chegan a Arco? -A medio camiño, son dos renovadores pero sin chegar a ningún exceso.