TRIBUNA PÚBLICA | O |
14 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.NON É discutible o crecemento experimentado en Vilanova nos últimos anos, e esto implica máis seguridade nas nosas rúas e negocios. Todos sabemos que a presencia dun cuartel da Garda Civil no noso concello viría a mellorar a nosa seguridade. Todos nos damos conta de esta evidencia, excepto o portavoz do PSOE vilanovés, o señor Rodrigo Santiago, que parece non querer recoñecer estas realidades, xa que parece vivir de espaldas aos problemas de Vilanova. ¿Acaso sabe o señor Santiago que os comerciantes están a pedir máis vixiancia? ¿Sabe que un grupo de veciños decideu pola súa conta recoller sinaturas para pedir mair seguridade? Pensamos que non o sabe, porque vostede parece non sufrir estes problemas, xa que non convive nin disfruta de Vilanova. Como vai traballar vostede porque Vilanova teña un cuartel se os cidadáns de Vilanova non están ao nivel da súa fina e distinguida categoría política. Preguntámonos donde vai aquel vilanovismo que defendía o señor Santiago para outras cuesións. Para este tema convenlle a vostede sustituir vilanovismo por seguidismo aos intereses do PSOE vilagarciano, non vaia ser que non teña os apoios correspondentes para seguir de secretario comarcal. ¿Acaso moveu vostede un dedo para que o cuartel estivera en Vilanova? Siga así, pero tente disimular un pouco por respeto aos veciños e a moitos votantes socialistas aos que lles gustaría que Vilanova tivese un cuartel. Cousa que o seu goberno amigo con moito «talante e diálogo» négalle aínda que teña todos os requsitos necesarios para ubicalo.