Lalín é o primeiro e complicado desprazamento do Deportivo Grove O Vilalonga busca en Bergantiños o seu primeiro triunfo co céspede artificial como problema
04 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.?omplicados e, á vez, interesantes os compromisos ligueiros que esta tarde agardan a Arousa, Grove e Vilalonga na Terceira División. No caso do conxunto vilagarcián, os de Milucho debutarán ante a súa afección fronte a un recén recuperado histórico da categoría: o Viveiro (A Lomba, 17.30 horas) . E cando dicimos recuperado, referímonos en tódolos sentidos. Non en van, o equipo lugués incorporou esta tempada a homes da calidade de Manel (Cerceda), Álex Díaz, Bossa (Compostela) Manu (Pontevedra) ou o veterano Kiko, trotamundos que pasou, entre outros, polo Éibar, Ourense, Racing de Ferrol, Almería ou Logroñés. O ano pasado marcou a frioleira de 42 goles na travesía polo deserto da Preferente. Por sorte para o Arousa, o Viveiro non pode contar hoxe con Kiko, lesionado. Como tampouco con Álex Díaz, Dani (porteiro titular) nin, seguramente, Manel, moi tocado. Pola súa parte, Milucho afronta a baixa por sanción de Toño García coa entrada de Álex, que despraza a Nelo da banda ao centro do campo. Ademais Otero, tocado, podería trocar con Yosu o seu posto no banquiño arlequinado. Doce victorias, tres empates e só catro derrotas para o Arousa convirten o conxunto local en favorito nas estatísticas dos seus duelos co Viveiro na Lomba. O Grove viaxa, pola súa parte, ao sempre complicado Manuel Anxo Cortizo de Lalín (18.00 horas) en busca da súa primeira Un partido entre dous grandes da categoría inmersos nun profundo proceso de renovación xeracional que convirte nunha incógnita o seu futuro acomodo na táboa. Mentres o Lalín dispón dos seus 17 efectivos en plantel, o Grove voltará a ter que facer fronte ás súas importantes baixas no centro da defensa. Nin Xandro nin Miguel están para o partido, como tampouco Richi nin Nolis. Dúas derrotas, outros tantos empates e un triunfo, no 2002 (1-2), é o balance das cinco visitas grovenses a terras dezás en Terceira División. Pola súa parte, o Vilalonga de Santi Padín aspira a sumar en Bergantiños (18.00 horas) os seus tres primeiros puntos no regreso á categoría tralo frustrado intento ante o Lugo do domingo pasado (0-1). Chicho, Manu Arosa e Otero, os tres por problemas nos aductores, son baixa. O campo de herba sintética do rival é, para Padín, un obstáculo importante a salvar polo seu equipo.