A BOCA PEQUENA
17 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.VIVIMOS NUNHA zona moi bonita, seguramente das máis fermosas da Terra. Vivimos ao lado do mar, na ría de Arousa. Temos boas e abundantes praias das que disfrutamos moito nós e tamén os turistas que nos visitan, que non son poucos. Temos praias abundantes e limpas, sen contaminación aínda que o ano pasado levamos un bo susto con aquelo do Prestige , pero afortunadamente podemos seguir gozando delas. Para nós é un orgullo ter e manter o pobo limpo, un pobo que atrae aos visitantes e que nos proporcionan unha boa fonte de riqueza. Sabemos que todos xeramos lixo, claro, e seguramente máis do que sería desexable, pois somos moi consumistas e?deseguida tiramos con esto e con aquelo en vez de aproveitalo; pero cada vez dámonos máis conta do problema e ímoslle poñendo remedio. Tratamos de facer recollida selectiva para que se poidan aproveitar ó máximo tódolos refugallos. Para iso separamos o lixo en diferentes recipientes: un para restos orgánicos, un para papel, outro para vidro, un para plásticos e latas, outro máis para aceites queimados e ata recollemos as pilas, coas que estamos a participar nun concurso sobre a súa recollida. Estámonos esforzando en conseguir que non se tiren fóra de lugar, pois queremos a natureza limpa. Con todo, queremos transmitir que estamos moi de acordo coa reciclaxe, recuperar do lixo materiais que poidan servir para facer novos productos. Tamén defendemos a reutilización, esto é, dar novo uso ás cousas xa utilizadas e loitamos pola reducción, ou o que é o mesmo, diminuír a cantidade de lixo que producimos. Porque estes tres erres significan aforro, limpeza, menos contaminación..., en definitiva «calidade de vida». Se mantemos o Planeta limpo, tamén nós medraremos e viviremos sans. Será unha vida mellor.