Paz e Echavarri, a un paso de alzarse co título nacional da clase Tornado

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

08 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Agás sorpresa de última hora, a parella formada polo vilagarcián Antón Paz e Fernando Echavarri proclamarase esta tarde en Cádiz campiona de España da clase Tornado. Pesie a un pobre 16º posto na primeira regata do domingo, o duo galego conseguí subir ó primeiro posto da xeral española gracias a un 3º e 2º nas outras dúas saídas do día, superando deste xeito ós cataláns Calavia-Varea. Onte Paz e Echavarri fixeron un 11º e un 2º postos, o que afianza o seu liderato e os coloca, ademais, segundos da xeral global da proba, empatados a puntos cos franceses Backes e Voiron.