¿Intolerante?

JAVIER GAGO LÓPEZ

AROUSA

TRIBUNA PÚBLICA | O |

04 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Ó señor Fajardo parece que lle molestou que nas miñas declaracións sobre a persoa de Mariano Rajoy fixera mención dalgunha das súas cualidades coma a de ser afable, educado, dialogante e cordial. Evidentemente tratábase de opinar sobre a persoa do actual candidato á presidencia do Goberno do Partido Popular e non, por suposto, da súa xestión política. Non creo estar só en dita apreciación, sobre todo se temos en conta que o presidente Bono invitouno á súa toma de posesión por consideralo o seu amigo e o propio secretario xeral do PSOE, Rodríguez Zapatero, afirmou alegrarse de que o designado fose el. Sectarismo É unha mágoa que o señor Fajardo non saiba distinguir entre estas dúas vertentes, é dicir, a de persoa e a de político, pero os socialistas si o sabemos facer, así como recoñecer incluso aqueles acertos e cualidades que poidan ter as persoas que non pertencen ó noso partido. Nós non practicamos a exclusión, nin o sectarismo, nin estamos instalados permanentemente na frustración e a xenreira. Non perseguimos ós nosos rivais políticos pola rúa, insultándoos e abucheándoos, nin impedimos a súa liberdade de expresión. Problema patolóxico Dende logo, ó señor Fajardo non lle vou pedir que rompa ningún carné porque, polo que se ve, o seu problema non é de militancia, senón patolóxico.