Recoñecemento póstumo para Xoán González Millán

R. Estévez vilagarcía

AROUSA

Xoán González Millán foi un grovense en Nova York. Este estudioso das letras galegas vai ser nomeado mañá fillo predilecto do seu municipio

06 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

o. Pronto xurdíu no Grove a petición de que a figura deste mestre en Nova York fose recoñecida, novamente, polo Concello. Neste caso, co seu nomeamento como fillo predilecto da localidade. A proposta foi remitida hai semanas ó Concello. Chegaba respaldada por numerosas mostras de cariño e respeto de diferentes persoeiros do mundo da cultura. Xente toda ela que coñeceu e traballou con Xoán González Millán, para quen teñen fermosas palabras de agradecemento. Algunhas, as do xa falecido Carlos Casares, que califica ó grovense como «remanso de paz en conversa amable, gran falador e excelente escoitador». Ou as dun dos seus colegas en Nova York, Craig Patterson, que o definía como «un faro do galeguismo para nós alá en América. Nunca deixabas de inspirarnos e de animarnos cos teus numerosos proxectos». Estas palabras son a mellor homenaxe para un home como González Millán. Un home que mañá pola noite convertirase nun novo fillo predilecto do Concello do Grove.