«Non debería haber primarias»

Bea Costa
B. Costa O GROVE

AROUSA

A A Javier Padín y su equipo le queda por delante una difícil tarea: poner en marcha una agrupación dividida. Y, en este contexto, la relación con el grupo municipal -la voz del partido en la corporación- no se presenta fácil. _¿Chegou a hora de que dimitan os concelleiros? _Eu nunca lle pedín iso. O único que dixen é que puxeran os seus cargos a disposición do partido. Teñen as portas abertas para traballar con nós porque penso que aínda estamos a tempo de reconducir a situación. _Ata onte mesmo no partido había dúas voces, a da xestora, agora executiva, e a do grupo no pleno ¿como van resolver isto? _Esperemos que vaiamos en conxunto. Non queremos inmiscuirnos, pero canda haxa discrepancias ten que haber unha soa voz, e debe ser a da executiva. _¿Haberá na nova executiva a figura de coordinador de política municipal, que tanto dou que falar? _Non. Na executiva xa hai un responsable de política muncipal que é Servando Castro. É unha persona de consenso e adecuada para isto. _Vostede, Mourelos, Pose... todo o mundo se amosa moi conciliador despóis da asamblea pero ¿vai ser posible facer borrón e conta nova? _Unha cousa é o que si na prensa e outra cousa o día a día. Pero dexesemos que sexa así. Desde logo, eu pido tranquilidade e un proxecto de unir e dignificar o partido. _E nese empeño ¿como afrontan as relacións coa dirección nacional? _O tempo todo o cura, esperemos que haxa boas relacións... _Ata onte non as houbo. _ Só no último mes. Eu sempre mantiven boas relacións personais tanto con Rodrigo Santiago coma con Pose, e espero seguir téndoas, e que boten unha man para unir o partido e que non haxa maniobras non lícitas. _Sobre todo de cara ás eleccións municipais, por exemplo. _A executiva vai preparar un comité electoral o máis amplo posible para que se poida chegar a un consenso. Calquera militante vai poder ser candidato e vai ter as memas oportunidades, aínda que para iso teña que enfrentarme eu ós compañeiros. _Falouse moito de que Andrés Muñiz lle deixou paso a vostede na executiva para poder optar á alcaldía. Agora que a primeira parte está conseguida, ¿veremos a Muñiz no cartel electoral? _Teño que desmentir iso. Non é verdade que Andrés renunciara a unha cousa para ter outra. E teño que agradecerlle públicamente a súa renuncia persoal de non presentar candidatura á executiva. O fixo polo ben do partido. _¿Como ve a posibilidade de celebrar unhas primarias? _Iso é algo que temos que decidir entre todos. É lexítimo que todo o mundo se postule e promocione, pero o mellor sería acadar un consenso. Eu personalmente, penso que non debería haber primarias, polo ben do partido. _O día despois da asamblea e trala súa victoria ¿como se sinte? _ É unha satisfacción ter o apoio da militancia, pero tamén é unha preocupación por como se van desenrolar as cousas. Gustaríame que a miña presencia non fora motivo de discrepancias e ser un home de consenso. _Vostede conseguiu apoios para encabezala candidatura a secretario xeral porque é un home con poucos enemigos no PSOE. ¿Agora xa empezará a ter algún, non? _Espero que non. Eu o que lle pido a todos os militantes é que se hai pelexas que se queden na política, que non o leven nunca ó terreo persoal, porque este é un pobo pequeno e todos vivimos aquí.