Máis escuro, imposible

REDACCIÓN RIBADUMIA

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Barrantes abriu unha festa adicada a recuperar un caldo que presume de color

01 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Era festa en Ribadumia, quizais por eso os ciclistas foron puntuais e o ministro Cabanillas chegou tarde. Non importou moito porque onte foi unha mañán de sáado que parecía domingo e os gateiros, a charanga NBA e demais esperaron formados para abrir o paseíllo case taurino que dende a casa do concello levou á comitiva ata o palco que nunha banda da carballeira esperaba para iniciar a cata dos tintos máis tintos do mundo mundial sen denominación de orixe. Chegou Pío Cabanillas para saúdar á alcaldesa, Salomé Peña, para saúdar a Rafael Louzán e demais representantes políticos da comarca, case todos do PP para que engañarse, que fixeron peña e paseo xunto a unhas gaitas que lle puñan aires de festa a ritmo de marcha, como na esquecida canción de Karina. O paseo veu bastante ben para que os da comitiva se convertisen en catadores nada máis subirse ó palco da orquesta. Subiron case todos, tamén do Partido Popular, agás o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, que seguramente non ten a cabeza para catas trala suspensión das normas urbanísticas. Xa subidos ó palco escénico, Salomé e Louzán flanqueaban ó ministro portavoz, quen asistían bastante tranquilo ó trasego das botellas tapadas con papel, moi parecidas a esas que levan os malos bebedores das películas americanas. Aquí o asunto era ir enchendo as cuncas para descobrir cal dos tintos máis tintos era o máis tinto de todos. Entre as gaitas e as charangas (tamén Eurovisión, como non) dedicidiron. cal deles é o campeón deste ano. Mentres Barrante¿s living one celebration a xente disfrutaba da empanada e o pulpo.