Centos de persoas participaron na inauguración da Casa do Cuadrante de Vilanova Ninguén quixo faltar á cita. Nin os veciños de Vilanova, nin os responsables das distintas administracións que colaboraron na restauración da Casa do Cuadrante. O municipio vilanovés inaugurou onte a que apartir de agora, será a «sede de tódolos valleinclanianos», a Casa do Cuadrante, coa aspiración de que se convirta nun lugar de encontro. E tamén cun novo proxecto en mente, construir un teatro no que poder poñer en escea as universaris obras deste excepcional dramaturgo que naceu en Vilanova.
25 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O Ministro do Interior, Mariano Rajoy, o conselleiro de cultura, Xesús Pérez Varela, o Secretario de Estado de Cultura, Luis Alberto de Cuenca, o rector da Universidade de Santiago, Darío Villanueva, e ata o ex-presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor. Ningún deles quixo perderse a inauguración que onte celebrou Vilanova da Casa do Cuadrante. «Gran cuna en la que el escritor encontró un lugar para soñar», segundo definiu Rajoy. Escritor universal, mestre no cultivo dos xéneros que soubo cultivar coma nadie a crítica co eloxio, o galego co castelán. Están son só algunas das loubanzas que as autoridades adicaron ó escritor, nun día no que Vilanova quixo adicar ó seu veciño porque «cualquier cosa que se pueda hacer en su recuerdo es obligatoria,», sinalou outro dos presentes. Tamén se destacou a recente publicación das obras completas do escritor vilanovés Tras a bendición de rigor, as autoridades iniciaron un percorrido polo novo e flamante museo. Oito anos tiveron que pasar entre que o Concello mercou a vivenda, completamente destruida por un incendio, e a inauguración deste recinto. A recuperación do inmoble costou 500.000 euros e nela participaron distintas administracións centrais e autonómicas. Na parte inferior construiuse unha sala na que os paneis explican a vida deste escritor e os acontecementos que sucederon na súa época. Na parte superior, tentouse reconstruir aquela casa na que hai máis de século e medio nacía un dos escritores más universais. A cociña, as habitacións, o salón... todo decorado coma entón. En cada unha destas estancias, un pequeno cartel recolle un anaco da obra de Valle na que lembraba os momentos vividos nestas habitacións e na súa infancia. E xa hai un novo reto, construir un teatro no que poder poñer en escea as obras deste tamén dramaturgo para que os vilanoveses poidan seguir rendíndolle homenaxe.