Chévere recrea en a viaxe polo mundo amniótico Segundo Cristina Ferreirós e Chévere a primeira das viaxes ó espacio exterior non foi a da Yuri Gagarín, a primeira viaxe a un espacio non coñecido polo home é a viaxe ó espacio amniótico. A medio camiño entre o conto infantil e a ficción científica, Chévere presenta hoxe en Vilagarcía a súa última montaxe, unha obra que para recrear esa viaxe cara á vida ten limitado o número de espectadores por función a 45. Haberá dúas funcións diarias hoxe e mañá.
23 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Un texto de Cristina Ferreirós deu lugar a esta odisea íntima que quere demostrar que hai vida interior e que se pode contar. Que fan os fetos, ademais de nadar no líquido amniótico, é a cuestión iniciática desta monataxe de Chévere a medio camiño entre o conto infantil e a ciencia ficción das viaxes estelares. Dous actores asumen o protagonismo desta producción que ten as súas peculiaridades en canto a formato e aspecto. Xesús Rón e Manuel Cortés forman o dúo que guía ós espectadores por ese espacio que, aínda que todos teñan visitado, ninguén lembra coa suficiente claridade como para dar testemuña del. O embrión cosmonauta, interpretado por Xesús Ron, comeza a vivir e gracias a unha rovolucionaria máquina que traduce os seus pensamentos a palabras, os espectadores poderán saber o que sinte e o que pensa. Dende fóra, dende os mandos do maquinillo, un científico, interpretado por Manuel Cortés, controla o experimento conectante e guía ós asistentes polos complicados pasos da ciencia máis avanzada. O embrión vai medrando e con el as sensacións e a capacidade para percibir o mundo que se intúe fóra do espacio que comparte cos espectadores. Cun punto de humor e outra de certa ternura, a obra repasa os principais momentos que se coñecen da vida dun embrión, dende o momento en que se descobre a si mesmo, pasando polos descubrimentos que fai do mundo exterior. Por aí, o cosmonauta interior vaise formando unha idea sobre si e outra sobre o que pasa fóra e quizais que tantos contrastes lle provoquen algunha clase de reflexión paradóxica. Tamén percibe a música, así que tamén a música forma parte deste espectáculo de Chévere, o máis íntimo da compañía compostelana teatral dende a súa creación. Regalo de un cd-rom Chévere regalará a cada un dos espectadores un cd-rom no que se ofrecen textos da obra, voces, músicas e tamén vídeos, para que poidan levar a casa unha parte da montaxe e coverter ó ordenador noutro escenario virtual. O cd-rom ofrece tamén algúns xogos interactivos relacionados coa montaxe, así que aínda ofrecerá unha oportunidade máis de se divertir ós espectadores que hoxe e mañá acudan a algunha das catro funcións de O navegante . E todo esto, por suposto e como están mandado, sen incremento de precio.