«Non é fácil compaxinar un conxunto histórico coa movida»

La Voz

AROUSA

FESTAS

18 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Cores Tourís tamén resalta os esforzos que se teñen feito nos últimos anos na promoción do municipio. «Eu recordo que hai uns anos na oficina de turismo pasaban dez mil personas e agora pasan máis de cen mil», sinala. -¿Como ve a evolución da festa do albariño nestes úñltimos anos? -Na festa do albariño o cambio foi espectacular, pasamos de ter unha festa que estaba de fin de semana a ser unha das máis importantes de Galicia. Pero non só como festa senon como promción do noso Concello e do que é o viño. Dalgunha maneira estamos axudando a situar ó viño, xunto co consello e cos viticultores, no sitio no que ten que estar. Un dos mellores viños do mundo, cun gran futuro e xa cun gran presente donde está vivindo moita xente, e eso en definitiva é tamén gracias á labor que desde aquí se veu facendo. -¿E a movida dos fins de semana? -Creo que Cambados xunto con Portonovo son os centros da movida, aínda que eso acarréanos máis dun disgusto ós luns a mañán con algúns veciños. Pero ten a súa parte postiva e vamos a seguir traballando coa xente xoven. Eso foi unha das cuestións que nos plantexamos cando chegamos aquí, sobre todo na Festa do albariño, tratando que a xente xoven participara e traéndolle grupos. Non é fácil compaxinar Cambados, con conxunto histórico, coa movida pero creo que o estamos conseguindo.