Charlas e teatro abriron a Semana das Letras Galegas na comarca de Arousa
13 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.REDACCIÓN VILAGARCÍA Os escolares do Grove e Cambados adicaron a xornada de onte ó teatro. No día no que se inaugurou a xa coñecida coma a semana das Letras Galegas, os alumnos do centro Rosalía de Castro e de varios colexios cambadeses subiron á escea para convertirse en protagonistas. No municipio cambadés empezaron por entregar os premios do concurso de lemas que tiñan como finalidade animar ó emprego do galego. Ana Abal, Iago Prego, Marcos Gónzalez, Bibiana Rey e Claudia Cores foron os gañadores do certamen deste ano. Pouco despois, os rapaces de educación infantil de A Pastora, subían ó escenario do instituto Francisco Asorey para presentar a sú versión de A galiña Paulina. Seguíronlle os alumnos do colexio Salesiano con A tía Lambida, de Eduardo Blanco Amor. As representación contiuarán ata mañán. Tamén o colexio Rosalía de Castro, do Grove, está a celebrar a súa particular mostra de teatro. Comezou onte, e continuará mañá e pasado. Os rapaces serán os encargados de amosar, ós seus compañeiros, unha mostra de teatro galego. Tamén onte inauguraron unha exposición de fotos antigas. E noutro colexio meco, o Valle-Inclán, o grupo de teatro A-4 presentou onte, para os alumnos, a obra O superheroe.