O círculo Gato Negro convoca concursos para os maios e o Día das Letras Galegas

La Voz

AROUSA

29 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA O círculo artístico deportivo Gato Negro de Carril ven de organizar diversas actividades para celebrar a Festa dos Maios e o Día das Letras Galegas. O 1 de maio repartiranse premios para as mellores construccións que se inscriban antes das 11 horas no salón multiusos Andrés Fernández. O concurso dará comenzo ás 12,30, con premios en metálico de trinta, vinte, seis e tres euros (499 pesetas), respectivamente, para os catro mellores maios e as catro mellores letriñas, e con roscón para tódolos participantes. Para o Día das Letras Galegas convocouse un concurso de poemas en galego para rapaces de cinco a 16 anos, de tema libre, e que deberán ser entregado antes do 12 de maio. A poesía gañadora lerase no transcurso dos actos previstos para o 17 de maio. Ese día, Gato Negro organiza unha conferencia a cargo do reverendo José Isorna e celebrará a tradicional ofrenda a Rosalía de Castro. Tamén se inaugurará a Taberna do Socio e posteriormente terá lugar o Xantar das Letras, no que poderán participar tódolos que se apunten antes do 12 de maio. O día 18 haberá teatro a cargo do grupo do centro cultural de Areas.