XAVIER CASTRO A CULTURA DO VIÑO NA TERRA DO SALNÉS A comarca de Arousa contaba, a comezos de 1990, con máis da metade da viña desta variedade
16 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Como apunta Julián del Caño Abad, a variedade de uva «Albariño» cultivase preferentemente nas comarcas do Salnés, Condado e O Rosal; nalgunha medida, tamén nos axuntamentos de Mos, Porriño, Rendondela, Mondariz, Soutomaior, etc. E un pouco asi mesmo, fora de denominación de orixe, na Península do Morrazo. Pero é na comarca do Salnés onde, a comenzos de 1990, se encontraba máis da metade da superficie cultivada de Albariño. O salnes é incuestionablemente a capital da cepa «Albariña». Foi a partires da década de 1960 cando comenzou a expansión fulminante do cultivo da uva albariña tanto en Cambados como noutras zonas do Salnés. Según datos aportados por Xosé Posada, en 1971 producíronse 500.000 litros de Albariño o que representou un resoante éxito simbólico. Isto non supuxo ningún problema comercial, pois o auxe do mercado nos anos setenta foi quen de absorber o incremento da producción. Esta tendencia o crecemento continuou mesmo a pesar dos anos desventurados, como os que non faltaron na década dos setenta, nos cales a producción de Albariño medrou arredor dun 10 por cento. Deste xeito, e aínda que non cun ritmo tan intenso, noutras zonas da Denominación de Orixe Rías Baixas operouse un proceso de parecida natureza, de xeito que no ano 2001 chegou a haber 2.300 hectáreas adicadas ó cultivo da uva albariña, o que representou un mil por ciento más que hai 14 anos. A alta cotización da uva e o prestixio crecente do viño tiveron un efecto multiplicador, animando a novos cosecheiros a resolverse a implantar esta clase de cepa. Fóronse superando así os receos tradicionais derivados da dificultade do cultivo da videira albariña tanto por mor da súa vulnerabilidade como por non resultar tan fecunda e productiva como outras variedades, xa que o habitural era obter tan só un promedio de 80 hectólitros por hectárea1. Sen esquecer o maior grado de complexidade que a elaboración correcta do viño albariño trae consigo. Coincidencias Semella haber coincidencia entre diversos autores -poderíamos citar, verbi gratia, a Xosé Posada, - en que as cepas de «Albariño» bicaron por vez primeira as terras do Salnés no axuntamento de Cambados, extendéndose máis tarde polas zonas aledañas. En relación con cál era a súa procedencia existen tres teorías que acerta a resumir con claridade Julián del Caño, na súa publicación: «O albariño. A uva e o viño» (1991) e as menciona asi mesmo tamén Manuel Villaronga na serie de artigos publicados neste mesmo xornal. Digamos sobre este particular que non semella cuestionable que as ordes relixiosas contribuiron a espallar o cultivo do «Albariño», como tamén outras variedades, no medievo. Máis problemático resulta dar por boa a tese que atribúe á orde de Cluny o protagonismo da introducción no século XII da vide «Albariña» en Cambados, traendo cepas de «riesling» que procederían orixinariamente do Rin. Téñense feito eco desta tradición, sen poñela en cuestión, algúns escritores como Xosé Posada, Álvaro Cunqueiro, Pedro Rial López e Huetz de Lemps, entre outros. Deste xeito, foise formando un auténtico mito sen que ninguén tivese a ben aportar probas documentais positivas.