Charlas e exposicións

La Voz

AROUSA

27 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

No programa cultural de marzo tamén se deu cabida á literatura e ás artes plásticas. Así, dentro dos actos organizados co gallo do centenario do escritor Plácido Castro, o vindeiro día 20 terá lugar en Vilagarcía unha charla sobre Plácido Castro e o Jornal de Noticias, que será impartida por Joâo Conde Veiga. E entre concertos, teatro e conferencias, na sala Antón Rivas Briones ó longo do mes a exposición Compás, do pintor e fotógrafo Vítor Mejuto, recibirá ó público vilagarcián. No vestíbulo da biblioteca estarán tamén expostas as obras de Marina Pintos-Fonseca e os traballos de Ecólatas, unha mostra didáctica para achegar a ecoloxía ós nenos.