Oito anos en defensa do idioma

La Voz

AROUSA

31 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O cariño co que a coordenadora realizou o traballo quedou reflectido na emotiva presentación que del fixo Isabel González Avión na compaña de Xabier Camba. O detalle non lle pasou inadvertido a Javier Villaronga, que suliñou que o discurso da mestra «foi feito co corazón». Recordou tamén que cando houbo que convencer ós directivos da entidade bancaria para que patrocinasen o xogo, Isabel González «soubo vender moi ben o que ela quería». Esa emoción estaba máis que xustificada tendo en conta a traxectoria desta entidade e os esforzos feitos durante oito anos en defensa da lingua. Neste tempo a coordenadora publicou varias edicións dun cómic de gran calidade feito polos alumnos, e convocou tódolos anos un concurso de pegatas no que cada vez participan máis rapaces. Tamén se encarga de realizar tódolos cursos enquisas para evaluar o emprego do galego nos centros de estudios e o cumprimento dos decreto que impulsa a lingua galega e que establece uns mínimos de uso do idioma nas aulas.