As viúvas de Manuel Lueiro e Luis Seoane acudiron ó acto en homenaxe a estes dous escritores Manuel Lueiro e Luis Seoane son dous homes «dos de antes, dos que xa non se levan». Así os descubríu onte Xesús Alonso Montero no acto de homenaxe a eses dous escritores que, coas súas letras e os seus debuxos «loitaron contra o fascismo». O catedrático lamentou que «agora non teñan predicamento», mentras que outras figuras «despreciables» se teñen convertido en líderes de opinión. Tan contundente coma sempre, Alonso Montero falou xusto despois de que Maruxa Lores, viuva de Lueiro, agradecese o acto de onte diante dunha sala ateigada de xente. En primeira fila estaba outra Maruxa, a que foi compañeira de Seoane
12 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.ROSA ESTÉVEZ O GROVE O acto de homenaxe a Manuel Lueiro e Luis Seoane comezou tarde. Ainda que a sala estaba chea antes da hora fixada, as doce e media da mañá, os organizadores resisitíronse a comezar: agardaban a chegada de dunha convidada de honra, a viuva de Seoane. Finalmente comezou a homenaxe sen que Maruxa estivese na sala. Pero tiñan pasado tan só uns minutos, falaba daquela Paula Janza, cando a porta se abríu para lle dar paso a una muller de máis de noventa anos que conservaba totalemente fresco o seu sentido do humor. «A mi edad ya no se cambia», dixolle a unha das fillas de Lueiro Rey. Maruxa foise sentar ó carón doutra Maruxa, a que fora compañeira do escritor grovense. As dúas estaban moi emocionadas polas semblanzas que Janza, Chesqui, Ramón Nicolas e Alonso Montero fixeron dos seus homes. Dous homes «bos, dos de antes, dos que xa non se levan». De feito, a grovense colleu a palabra para amosar a súa gratitude ós organizadores do acto. E tamén a Isaac Díaz Pardo, editor de boa parte das obras de Manuel Lueiro. «Mandáchesme moitos libros e ninsequera me cobraches os portes. Teño sorte, porque todas as personas boas veñen onda min», dixo mirando cara o intelectual, sentado tamén na primeira fila. No transcuso do acto falouse da valía artística dos dous homenaxeados e do acto que, hai 22 anos, organizou Lueiro Rey en memoria do seu amigo, finado recientemente. A lectura dos mesmos versos que no ano 1980 recitou Alberti puxo o punto e final. Aplausos.