As obras segredas

La Voz

AROUSA

A literatura de Blanco Amor padece un pouco o problema de estar escrita polo mesmo autor de A esmorga. Neste sentido, sinalaron os autores que hai que ten en conta a Blanco Amor como autor de Os Biosbardos ou Xente ao lonxe. No segundo destes casos, como resultado dun esforzo narrativo e de perspectiva xeral que se ten dado poucas veces na literatura galega. No mesmo sentido, se podería falar da obra que Blanco Amor escribiu en castelán. Por exemplo, unha novela recentemente publicada por Galaxia como La catedral y el niño case non chegou ós lectores, pese a ser unha dunha calidade altísima. Recordaron os participantes que a obra en castelán de Blanco Amor é case segreda, aínda que teña calidade literaria.