Guións e influencias do cine

La Voz

AROUSA

10 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Os tres participantes na mesa redonda de hoxe coñecen a vida cinematográfica de Blanco Amor. Xosé Coira, foi director do Centro galego das artes da imaxe na época na que esta institución publicou o libro sobre os guións de Blanco Amor. É tamén crítico cinematográfico e traballa na división audiovisual do Grupo Voz. Miguel Anxo Fernández. Crítico cinematográfico e televisivo de La Voz de Galicia, foi coordinador das Xornadas de cine e vídeo no Carballiño, Xociviga. Publicou libros sobre a historia do cine no Carballiño e unha biografía sobre o director galego Carlos Velo. Daniel Domínguez. Foi profesor de guións na Escola de imaxe e son da Coruña. Foi coeditor do libro La parranda e outros guións inétidos, volume no que se incluíron os guións para o cine escritos por Blanco Amor, entre eles, o que remitiu a Gonzalo Suárez para a versión de A esmorga e que non foi utilizado polo director. O libro aclara o interés que o escritor puxo na linguaxe cinematográfica.