Representantes dos cineclubes de Galicia e Portugal participaron onte nun encontro en Vilagarcía Representantes das federacións de cineclubes de Galicia e Portugal déronse cita onte en Vilagarcía para analizar a función destas entidades perante a producción, distribución e exhibición do cine feito a ambos lados da fronteira. Os participantes neste quinto encontro luso-galaico foron recibidos na casa consistorial de Ravella pola mañá. A tarde adicouse as palabras. Coñecer o cinema de maneira recíproca, intercambiar material e incluso vislumbrar a posibilidade de coproducción. Estas son algunha das claves, da intención con que naceron este tipo de xuntanzas máis aló da liña xeográfica.
27 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.REDACCIÓN VILAGARCÍA A mesa do coloquio estivo presidida polo presidente da federación galega de cineclubes, Ángel García Calvo, o secretario da entidade, Anxo Santomil, e o presidente da federación portuguesa, André Oliveira. De entre as butacas da casa de cultura xurdiron aportacións dos presentes que incidiron precisamente no importante papel que están a realiza-los cineclubes fronte a visión comercial que hoxe impera nas salas de cine comerciais. Estes colectivos convertironse nos baluartes do alternativo, onde se forma boa parte da cultura do cinema. Os reponsables dos cineclubes destacaron esa labor que fai posible que as obras inéditas cheguen ó público ou ofrecer ós espectadores o que as salas comerciais obviarán. «Trátase de que unha película acade o verdadeiro senso», explicaba Anxo Santomil. Durante o debate falouse tamén da creación dun sector estratéxico audiviosual, alleo ás grandes produccións. E tamén se falou da posición dos cineclubes, da maneira en que deben asumir a súa implicación no sistema productivo. Cunha intención clara, a supervivencia destas culturas minoritarias e que a sociedade sea producida no seu propio idioma. Esto pasaría por crear unha distribuidora alternativa, algo que xa se intentou aquí en Galicia pero que resultou fallido. A discusión que se iniciou onte na casa de cultura de Vilagarcía continúa hoxe. Esta tarde daránse a coñecer as conclusións deste quinto encontro luso-galaico de cineclubes.