Escenarios belixerantes

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Canción popular e teatro marcaron dúas formas diferentes de evolución tralo réxime de Franco O repaso á resistencia cultural antifranquista que onte se pechou en Catoira acabou polos escenarios. Músicos e teatreiros proporcionaron outra visión do conflicto cultural e político durante os derradeiros anos do réxime e os primeiros da transición. As conclusións fundamentais repararon en que daqueles anos musicais só quedou a memoria, mentres que o panorama do teatro se fortaleceu através da profesionalización. Vicente Araguas e Benedicto recordaron o seu paso por Voces Ceibes. Da parte teatral falaron Dolores Vilavedra, centrada na importancia de Abrente, e Roberto Vidal Bolaño, quen recordou como o teatro comezou sendo unha disculpa de reunión para falar do que fose necesario.

04 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

CAMILO FRANCO CATOIRA Os «anos escuros» comezaron a clarear mediada a década dos sententa. Nese intre funcionaban co vigor que era posible nun réxime tiránico, unha canción que, recollendo unha denominación de Celso Emilio Ferreiro para a poesía era «belixerante» a favor dos dereitos cívicos e contra o sistema político franquista. Nos anos sententa o movemento musical galego estaba máis en forma que o teatral, aínda que por aqueles anos xa comezaban os autores, actores, directores galegos a buscar un camiño que afastase o seu labor lonxe dos canles oficiais e que estaban próximos ó teatro independente. Voces Ceibes, principal formación da canción belixerante galega, naceu en 1967 e rematou en 1974. A dicir de Vicente Araguas e Benedicto, que formaron parte dela, foi un grupo moi aberto, con participacións diversas. Vicente Araguas explicou que a súa principal influencia do momento era Raimon, reivindicado tamén por Benedicto, recordando que o catalán compaxinaba a canción política coa amorosa, nunha visión menos reducida da música e do momento da que mandaba en Galicia «onde case era obrigado facer canción comprometida», segundo Araguas.