Os veciños do lugar conseguiron recadar máis de trece millóns de pesetas para restaurar a capela cesureña Tras moito esforzo e tras ir e vir de institución en institución os veciños de San Xulián verán por fin cumprido o seu soño. A restauración da capela da parroquia, que data do século XII, comenzou o pasado 16 de xullo, día do Carme. O templo queda agochado baixo as marxes da N-550, por un deses avatares do progreso, pero sigue mantendo esa semblanza de pegada da historia. Precisamente o paso do tempo é o que causou importantes lesións neste anaco do patrimonio de Cesures. O proxecto de rehabilitación integra dende obras na cuberta da construcción ata a intervención no interior da capela.
30 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.C. U. PONTECESURES Humidades, tellas rotas, os estragos no solo do interior e nos muros da construcción. Estes son algúns dos problemas que padecía a capela de San Xulián, e polo que pedía unha pronta rehabilitación. Ante esta situación os veciños da zona, constituídos en asociación, empezaron toda unha odisea para recadar fondos. Primeiro conseguiron que a Consellería de Cultura asumise a elaboración do proxecto de rehabilitación da igrexa. Despóis chegou a financiación. As aportacións conseguidas ascenden a 13.471.939 pesetas, provintes da Deputación de Pontevedra, a Sociedade de Xestión do Xacobeo e as obras sociais de Caixanova e Caixa Galicia. Si ben o presusto necesario ascende a 15 millóns, polo que xa se iniciou unha campaña entre os veciños para que colaboren na recuperación deste anaco da súa historia. A empresa Dicsa será a encargada de dar un novo aspecto a esta construcción que data do século XII. A intención non é outra que convertir a capela de San Xulián en visita obrigada para os peregrinos do Camiño Portugués. O colectivo veciñal espera que as obras estén rematadas en outubro para festexar o Día do Pilar.