17 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.
Catoira celebrou o Días das Letras Galegas coa súa xa tradicional marcha ciclista popular que este ano cumplía nove anos de historia. As dez e media da mañán, os máis de catrocentos ciclistas que participaron no evento partiron da casa de cultura e percorreron ó redor de 26 kilométros polas estradas do concello, acompañados polos voluntarios de Protección Civil. No camiño, fixeron unha pequena parada para tomar novas forzas e poder chegar á línea de meta, onde se sortearon dúas bicicletas e todo tipo de material deportivo para agasallar ós asistentes.