Os centros históricos de Carril e Vilaxoán

La Voz

AROUSA

Por faltar debate, falta tamén unha reflexión sobre o estado dos cascos vellos do municipio. Nomeadamente os de Carril e Vilaxoán. «O certo é que empezo a dalos por perdidos; en Carril hai áreas que están ben, pero o de Vilaxoán está moi tocado», apunta Daniel Pino. I é que «estes anos foron terribles». Un exemplo de como se fixeron as cousas: «En Vilaxoán era preciso ampliar a estreita carretera vella, pero fíxose un considerable recheo no Preguntoiro porque os nenos non tiñan onde xogar; hoxe non hai nenos». O casco histórico de Vilagarcía era moito máis pequeno. Por riba, «fíxose a sustitución de todos os edificios catalogados». «¿Denunciouse?, non, coido que se está a xogar a unha falsa modernidade», apunta Pino. Tampouco «se trata dun respecto litúrxico, pódese tocar case todo, pero sabendo como hai que facelo en cada caso». ¿Diagnóstico? «Consciente ou inconscientemente, apóstase por un modelo de destrucción das señas de identidade». Só a vontade pode contra isto.