Cinco alumnos de Cambados e dúas de Vilanova reciben premios pola súa participación en certames literarios Catro alumnos de Cambados e un colectivo foron premiados dentro da campaña de animación ó uso do galego que fora convocada polo Concello de Cambados dentro das actividades programadas con motivo do Día das Letras Galegas. Todos eles recibirán diplomas e un lote de libros cada un. Ó mesmo tempo, dúas alumnas do colexio San Bartolomeu de Tremoedo, en Vilanova, foron tamén galardonadas por dous traballos presentados a outros tantos certames.
03 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.REDACCIÓN VILAGARCÍA Catro alumnos e un colectivo formado por un grupo de estudiantes foron os gañadores do concurso de lemas da campaña de animación ó emprego do galego que se convocou en Cambados dentro da programación organizada para celebrar o Día das Letras Galegas. Os premiados recibirán diplomas e lotes de libros. Ademais, os cinco lemas elixidos polo xurado pasarán a converterse en lemas oficiais da campaña. Neste senso, faránse 50 carteis con cada unha das frases gañadoras, de xeito que, en total, serán confeccionados 250 exemplares. Cinco lemas Os gañadores foron Esteban Otero Martínez, alumno do colexio público Castrelo, que propuxo a frase A luz de Galicia, o galego. Manuel Villar, do colexio Antonio Magariños, cun lema que dicía A nosa terra é fermosa, falade galego, que é lingua melosa. O terceiro dos lemas elixidos foi o proposto por Marián Villanueva Oubiña, do colexio de Vilariño, Xente nova, vella lingua: ¡o galego!. Pola súa banda, Nuria Vázquez Galiñanes escribiu a cuarta das frases gañadoras: A lingua galega é moi vella, non a xubiles, ¡fala con ela!. Por fin, os últimos premiados desta edición foron un grupo de rapaces de segundo curso do colexio Vilariño, que escribiron ¡En galego! porque me sae do corazón.