O concello non recibiu comunicación do nomeamento, pese a ter confirmada a súa participación no sorteo O Concello de Vilagarcía foi designado para organizar a próxima edición do premio Blanco Amor de novela, un dos tradicionais galardóns que cada ano se entrega no panorama da literatura galega. A desinación recaeu en Vilagarcía tralo sorteo realizado en Oleiro, onde se entregou na noite do venres este premio. Sen embargo, o Concello de Vilagarcía non foi advertido desta designación que se fixo pública na mesma cerimonia de entrega. A singularidade deste premio é que cada ano debe ser organizado por un concello diferente, partindo dunha lista de municipios que confirmaron a súa intención de ser organizadores.
16 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.REDACCIÓN VILAGARCÍA Trala entrega do premio, que tivo lugar na noite de venres en Oleiros, Vilagarcía foi designada como responsable da organización do primeiro premio Blanco Amor do novo milenio. Esta designación non foi comunicada no día de onte ó Concello de Vilagarcía, polo que o responsable de Cultura desta área, Roberto Araújo, non tiña coñecemento da mesma. Segundo a organización do premio, que este ano 2000 recaeu no concello coruñés de Oleiros, fíxose un sorteo entre os municipios que aínda non organizaran o premio, pero tiñan confirmada a súa intención de facelo. Entre este concellos figuraba Vilagarcía de Arousa. Encheuse un urna con papeletas nas que figuraba o nome de cada concello e un membro do xurado serviu de man inocente para extraer o papel que levaba escrito o nome de Vilagarcía. Durante o ano pasados e despois de que algúns concellos se desen de baixa na organización, se decidiu confirmar ós concellos que participarían no sorteo, sendo Vilagarcía un dos que se mostrou disposto a continuar co premio. En calquera caso, a organización nomeu tamén dous suplentes, que serán os concellos de Allariz e Poio.