Poeta e capitán do mar

La Voz

AROUSA

Este texto editouse no libro «Revoeira», de próxima reedición, onde se retrata ó poeta rianxeiro Manoel Antonio metéu a poesía galega por canles novos co seu libro De catro a catro, editado por Nós (1928). No 1940, Emecé Editores de Buenos Aires (daquela dirixida por Seoane e Cuadrado, e con cuio cuño sairon do prelo unha boa moréa de libros galegos, algús fundamentás prá valoración cultural de Galiza) voltóu a pubricar os dezanove poemas do poeta do mar ca paralela e coidada versión ó castelán feita por outro esgrevio poeta rianxeiro: Rafael Dieste.

15 jul 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Nas notas biográficas pubricadas reiteradamentes por Carballo Calero hai un erro. Di o ilustre historiador da literatura galega que o poeta dempóis de rematar os estudos do piloto na Escola Náutica de Vigo, só acadóu a facer as práiticas en barco de vela, percisamentes no que creóu os poemas do devandito libro _follas sen data dïun diario dïabordo_ adicado ó capitán mercante, seu mestre, Augusto Lustres Rivas. Non. Tamén compretóu as de navegación en buque de vapor, esixidas prá integral validez profesional como capitán de toda cras de barcos. Realizounas en viaxes deica Buenos Aires nun transatlántico da Compañía Hamburguesa, en calidade de agregado, posto que lle conseguíu o abogado i escritor Eduardo García Reboredo, da firma consignataria Luis G. Reboredo Isla e Hijos, de Vilagarcía e Vigo. E como capitán dun buque peixeiro foi no 1928 a Terranova. Alí enfermóu voltando a Rianxo, onde finóu _na feigresía de Asados (1929)_ ós 29 anos de edade. Nun dos seus viaxes transatlánticos, namentras o paquete seguía deica Hamburgo, Manoel Antonio quedóu en Vigo e pasóu uns días en Rianxo. Outo, un pouco menos fraco que decote, bigote ben recortado, a fumar «paipa» nunha curva cachimba, lucico uniforme azul e gorra con galón dourado, campaba moito. Nise apouso rianxeiro, un día chogóu a Vilagarcía en compaña de dous mozos mariñeiros. Os tres, con Roxerius _tamén rianxeiro, escritor e inspeitor de escolas_, e co relator, estaban, xa á tardiña, a tomar unha chiquita n_A Pureza. Levantárase forte travesía, a mar estaba moi picada e chovía a baldes. _Boeno, rapaces, ímonos pra Rianxo_ dixo o piloto ós mariñeiros. _¡Qué! ¿Seica tendes medo? Eles fisgáronse de reollo i entobáronse. _Medo non, Manolo...Pro co iste nordesío non está pra cruzar na dorna deica a outra banda. _O piloto Manoel Antonio ten moitos centos de horas de navegación e n-hai marola que o arrede... Se non queredes embarcar, voume soio. Dille Roxerius: _Mira, non te fagas o Jasón. Hoxe quedas a durmir eiquí e mañán, como un proel épico diante do mastro da dorna, pasas a foz do Ulla con tanto arrouto coma César cando choutóu o Rubicón. _Xa que me queres tomalo o pelo, direivos o que lín de Cñesar non sei onde: dempoixa da batalle de Farsalia, pasóu o Helesponto pra chegar a Alexandría. Oï estreito de súpeto, encheuno o baldordo do furacán. O triunviro víu tremer ó piloto do seu barco e apostrofouno: «¿Quod times? ¡Cesarem vides!«... Pois eu dígolle a ístes dous aprendices de mariñeiro: ¿Qué temedes, si vai convosco Manoel Antonio, capitán do mar? _¡Boh, boh! -retrucoulle Roxerius_ Latinorum por latinorum: «Qui amat periculum, in illo peribit». _ ¡O que é ser home sabido! ¡Convencécheme! Rapaces, hoxe durmiremos en Vilagarcía. Quedouse un bocado silen«oso, recollido. Dempóis soltóu, surrindo inxel, sen aceno ningún: _E que traian dous netos de Fefiñáns...que me sabe millor que o Rihn que de vagar, grolo a grolo, me gosta ir escoando cando estóu a bordo do paquebote, ourentando memorias.