Pensamento e Sementeira presentou en Viveiro o proxecto «Galicia latente» de Eduardo de Martís 

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

<span lang= gl >Eduardo de Martís, á dereita, presentou o seu proxecto en Viveiro</span>
Eduardo de Martís, á dereita, presentou o seu proxecto en Viveiro Xaime Ramallal

A cita celebrouse na sala multiusos da Casa do Concello

24 may 2025 . Actualizado a las 21:36 h.

O colectivo Pensamento e Sementeira presentou en Viveiro o proxecto «Galicia latente», impulsado por Eduardo de Martís. A iniciativa cultural, que nesta ocasión tratou sobre «A Galicia do presente», xira en torno á identidade como ferramenta de emancipación. Durante a cita, que tivo lugar na sala multiusos da Casa do Concello, tamén se presentou  o documental «Galicia latente», e organizouse unha mesa de debate sobre o valor emancipador da identidade cultural.