Nin o frío nin a humidade puideron co espírito festeiro das participantes
28 feb 2025 . Actualizado a las 13:47 h.Nin o frío nin a humidade puideron co espírito festeiro das mulleres que se animaron a participar no Xoves de Comadres en Viveiro. Houbo ceas e moita festa nas datas previas ó Entroido, que este ano contará por primeira vez cunha cea-baile específica na que haberá concurso de disfraces e música. Terá lugar o luns, 3 de marzo, e será organizada pola comisión que prepara as festas patronais do San Roque.
Ademais, as comadres tamén se reuniron este xoves en Burela, como xa vén sendo costume. É un grupo de mulleres da localidade a que se dedica a organizar este evento que cada ano conta con máis participantes. A cita, á que acoderon disfrazadas, foi no Hotel Ril.