As orquestras Trébol e Suavecito tocarán no San Xoán de Covas, en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

En imaxe de arquivo,fogueira de San Xoán en Covas
En imaxe de arquivo,fogueira de San Xoán en Covas PEPA LOSADA

A sardiñada no Campo da Pascua terá lugar o sábado 25 de xuño

09 may 2022 . Actualizado a las 15:51 h.

A comisión de festas do San Xoán de Covas, en Viveiro, fixo público o cartel das primeiras patronais tras o coronavirus, que se celebrarán do 23 ó 26 de xuño. O primeiro día, xoves 23, actuarán na verbena a orquestra Miramar e o grupo Arizona. A gran lumeirada acenderáse ás doce na noite. O venres 24, día do patrón, haberá pasarrúas ás once co grupo de gaitas Cacharela, e á unha, misa solemne acompañada pola Banda Naval. A orquestra Trébol amenizará a sesión vermú e tocará na verbena co orquestra Acordes.

Ó día seguinte, sábado 25 de xuño, a xornada festiva arrincará co pasarrúas que ofrecerán a partir das once da mañá Non cho conto e as gaitas de Cacharela. A orquestra Suavecito tocará na sesión vermú, e tamén actuará na verbena, onde compartirá escenario coa orquestra os magos. A tradicional sardiñada do Campo da Pascua dará comezo ás oito da tarde. Finalmente, o domingo 26, terá lugar o Día do Neno, coas atraccións a prezos reducidos para os máis pequenos da casa.