As Tareixas presentarán o disco «Santo mandil» o venres 26 no Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

<span lang= gl >Imaxe do grupo As Tareixas</span>
Imaxe do grupo As Tareixas

O grupo de Ventosela, en Redondela, gañou un premio da Deputación da Coruña co seu tema «A cadeira da avoa»

24 dic 2025 . Actualizado a las 09:36 h.

O Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo, será escenario este venres, 26 de decembro, a partir das 20.30 horas, dun concerto de As Tareixas. Trátase dun grupo formado en Ventosela, no municipio pontevedrés de Redondela, que gañou o segundo Premio á mellor canción infantil no concurso Quero Cantar, da Deputación da Coruña, co seu tema A cadeira da avoa

Neste tempo leva compostos os dez temas do seu primeiro disco: cancións sobre o seu día a día, que cantan e tocan en rigoroso directo. Integran As Tareixas José Manuel (composición, arranxos e guitarra) e os seus fillos: Román (clarinete e voz) e Omara (trompeta e voz). 

No concerto na Mariña tocarán temas novos e cancións tradicionais arranxadas para a ocasión. Tamén levarán discos, por se alguén os quere como agasallo de Nadal.