Terá lugar este xoves 24 na Libraría Bahía
22 abr 2025 . Actualizado a las 09:36 h.Este xoves 24, ás 20.30 horas, a Libraría Bahía de Foz acollerá un acto aberto a todo o público que terá como protagonista á autora Cecilia F. Santomé. O coloquio versará arredor da súa última novela, «As despedidas». O encontro enmárcase dentro das actividades que organiza o clube de lectura A carón dos libros.
Cecilia F. Santomé é unha autora vilalbesa e esta é a súa terceira novela, nela aborda o momento da morte dun home maior e as relacións de familia que se amosan nese momento da despedida definitiva, lembran desde a libraría.