Antes do concerto «Memorias de un suicida: un ensayo sobre el dolor», de Ángel Cobos
04 abr 2025 . Actualizado a las 21:42 h.O dúo Grampoder, formado polo burelense Martiño Suárez (guitarra e voz) e Roi Fernández (batería), presenta este sábado en Burela (centro social Xebra, a partir das 22.00 horas) o seu novo disco, «Amuleto». Antes que de comece o concerto, haberá unha presentación do libro «Memorias de un suicida: un ensayo sobre el dolor», de Ángel Cobos. O relato do escritor compostelán amosa o día a día dunha persoa que sofre cefaleas en racimo.