Morreu Alfonso! Moi triste noticia para empezar o día. O único consuelo é saber que deixas de sufrir porque se acabou a agonía dos últimos meses.
Alfonso García Ben (Alfonso do Roxo) foi a persona que máis tivo que ver en que eu esté hoxe no sector pesqueiro. En marzo de 2003, sendo él o patron maior de Burela e presidente da federación de pósitos veu a buscarme para ser o secretario da Federación Provincial de Cofradías de Lugo. En aquel momento sólo para encargarme da xestión económica e dos órganos de goberno. Logo fumos apliando competencias…
Ata setembro de 2014. Neses 12 anos tocaronnos vivir moitas historias, algunhas de certa complicación como os efectos do Prestige ou a grave crise do gasoil. Home de grande experiencia e coñecemento, Alfonso pode ser un exemplo claro da evolución do porto de Burela e das diferentes pesquerías. Hoxe é o Llave de Burela, espadeiro de caladoiros internacionais surcando o Atlántico Sur, pero antes foron outros barcos, especialmente o primeiro ou un deles, o Llave del Cielo, pequeno arrastreiro de litoral, barco de madeira que tamén se dedicaba, como non, ó bonito do norte, e ata a década pasada o Llave del Mar, palangreiro de fondo que se dedicou á pesca da merluza do pincho polas augas europeas. A pesar de que apetece decir moitas cousas que pasan pola miña cabeza, non é fácil articular os dedos. As bágoas nublan a visión dos renglóns deste papel.
O que sí teño que decir de forma clara é que sempre botaremos de menos o teu saber estar, a túa experiencia e amplio coñecemento do sector, e sobre todo, do teu bon humor e de ter sido unha moi boa persoa.
Que pena que non teñamos máis Alfonsos, no só na pesca, senon na vida. Hoxe, que día a día vemos a “mediocridade e incapacidade” xeral da maioría de gobernantes e representantes de todos os colores políticos e de tódolos sectores económicos, faltan PERSOAS (en maiúscula) coma ti, capaces de emprender, liderar, compartir, enseñar, defender…
O noso máis sentido pésame a toda a familia. Gracias por todo, compañeiro!