Satisfacción y éxito de Burela ayer en Xantar Ourense

La Voz BURELA / OURENSE / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

El concello puso un bus gratuito para asistir; ofrecieron degustación de bonito en el recinto

08 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«Á feira Xantar, en Expourense, merece a pena vir porque é unha exposición gastronómica de todo Galicia, do norte de Portugal e doutros lugares de todo o Estado. Polo tanto hai moita variedade e diversidade, realmente é unha referencia clara do que ofrece a xente. Nosoutros acudimos cun stand no que tivemos propaganda e publicidade do que é o noso concello, pero tamén do peixe que alí se pesca. Trouxemos degustación de bonito en diversas preparacións, como empanada ou salpicón, que estaban todas moi ricas e gustou moito á xente».

Son palabras del alcalde burelense, Alfredo Llano, que ayer intervino en Xantar Ourense. «Hoxe foi o Día do Mar, fixemos unha exposición do que é Burela, do que se pesca, do noso importante porto que é referencia clara no Cantábrico, das nosas especies que xa son moi coñecidas como a pescada do pincho e o bonito. Animamos á xente a que vaian visitar Burela, a ver o barco museo e á feira do bonito, que é o primeiro sábado de agosto e que agora ten unha gran importancia por estar catalogada de interese turístico nacional», añadía Llano.

Por su parte el concejal de Turismo, Ramiro Fernández, también indicaba: «O día de hoxe foi moi positivo, o alcalde fixo unha alocución diante de moita xente e foi moi aplaudida. Este tipo de feiras dannos a coñecer en todo Galicia e incluso en Portugal, de onde había moita presenza. A degustación foi un éxito, tivemos moita xente e incluso recibimos a visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana».

Ramiro Fernández ya piensa, de hecho, en la próxima edición: «De cara ao ano que vén contamos volver estar en Xantar porque vemos que é unha feira positiva e todos os veciños e veciñas que nos acompañaron van contentos, encantados desta feira; foi unha experiencia positiva para eles e nosoutros estamos satisfeitos porque despois de organizar unha actividade por parte do Concello a xente vaia contenta».