Moncho da Cofradía, unha boa persoa

Chema González Barcia OBITUARIO

BURELA

A la izquierda, Ramón Barcia Abad, en la cofradía, con dirigentes del sector pesquero burelense en febrero del 2005, tras el naufragio del Siempre Casina
A la izquierda, Ramón Barcia Abad, en la cofradía, con dirigentes del sector pesquero burelense en febrero del 2005, tras el naufragio del Siempre Casina

27 ene 2020 . Actualizado a las 21:49 h.

Vén de deixarnos un home bó, cordial, afable, co sorriso sempre nos beizos. Vén deixarnos Moncho da Confraría, Monchito, un home que veu medrar o porto de Burela.

Moncho, o maior de seis irmáns, naceu aló polo novembro de 1941 nun dos barrios da Burela de sempre, na Vila do Medio, tamén de pais dos bureleses de sempre. O seu primeiro traballo foi de albanel, había que gañarse a vida. Logo de curar dunha enfermidade pulmonar contraída na mili, comezou o seu traballo nunha Confraría de Pescadores que estaba situada no edificio ocupado hoxendía pola Cruz Vermella e A Moncloa. Alí, con Modesto García como patrón maior; José Escourido como secretario; José María Otero como administrativo, e con José González Travieso (Pepe do Trochero), comezou Moncho o seu traballo como rulero, e mesmo atendendo a emisora costeira da Confraría (que entrou en funcionamento, por onda corta, en 1964, e que, entre otras funcións, mantiña comunicadas ás tripulacións dos barcos coas súas familias). Moncho, coma a Confraría, mudou de lugar de traballo, fóronse á localización actual. Alí traballou como administrativo, e mesmo foi secretario da mesma hasta a súa xubilación, a finais de 2006. Por eso, Moncho ben podería ter escrito a historia moderna da pesca en Burela, dende a aparición dos motores diésel ata a actualidade. Porque, sen ser propiamente home de mar, viviu en primeira persoa esa enorme transformación do mar bureles.

A súa vida como xubilado adicouna enteiramente á súa familia, especialmente á súa muller, Xefa, e aos netos, sen apartarse nunca do contacto coa realidade hasta que a enfermidade o apartou a el.

Fóisenos un home dos bós e xenerosos, dos de trato agradable sen palabras máis altas ca outras, dos de sorriso que inspira confianza. Fóisenos unha boa persoa.

Grazas por todo, “Parente”.