«Vía o programa de Arguiñano sempre e entroume o gusanillo»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA BURELA / LA VOZ

BURELA

Dende febreiro leva as rendas do establecemento, hoxe con churrascada

04 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Sergio Rubio naceu en Avilés no 1979 pero aos tres días xa estaba na Mariña, xa que seus pais traballaban na actual Alcoa. De súa nai e dende neno aprendeu a medrar entre fogóns, na casa, «aínda que tamén lle ?boto a culpa? a Arguiñano, pois vía o seu programa ao vir do cole mentres comía. Esa forma de falar e traballar abreume o gusanillo pola cociña», lembra. «Tamén cando estiven no Exército en Cartaxena facendo a mili sempre me apuntaba á cociña. Como estaba so, ou había que facer de comer ou pagar, así que empecei cociñando para min. Aló era administrativo pero cando faltaba o cociñeiro eu era o relevo porque sabían que cociñaba ben», engade.

-Para hoxe, xoves 4, organizaron unha churrascada, ¿verdade?

-Si, é a nosa primeira churrascada, con churrasco e cervexa por 5 euros. Xa ás 19.00 tocarán gaiteiros e haberá queimada final, gratuita, a partir das 23.00.

-¿De quen aprendeu a cociñar?

-Empecei con miña nai que é moito de deixar facer. Agora eu fago o mesmo coa miña filla que vai para 5 anos. ?Corto yo, papá? me di ela que é moi autosuficiente. Xa ten moita axilidade nas mans.

-¿Cre que se debería fomentar a educación gastronómica xa dende moi pequenos?

-Penso que debería haber algo na educación obrigatoria vencellado á gastronomía e alimentación. É máis tamén por un mesmo, para poder defenderse e non comer so hamburguesas e pizzas ou pizzas e hamburguesas. A miña filla come de todo, incluso os brotes de soia na ensaladilla porque na casa comemos de todo. O meu truco é que cando como algo novo non llo dou a probar ata que ela me pregunta que como. Tamén a miña nai lle da igual que ela deixe a cociña chea de fariña, con ver disfrutar a neta.

-Non hai que perder o fío da entrevista... ¿que é Sitio?

-Sitio é un bar de tapas. En principio abreuno meu irmán hai tres anos. Puxo o nome de Sitio na honra dun restaurante en Segovia no que pasaba moitas horas cando estudou. Ao de aquí chamoulle Sitio, co consenso de todos. En febreiro deste ano collino eu, que xa tivera antes O Túnel en Burela. Díxenme ?vou remotar unha espiña que tiña cravada de cando era novo, de non ter chegado lonxe co outro bar?. Así que a Sitio dinlle un enfoque diferente, de racións, máis de cociña. Eu dedícome ao tapeo.

-¿Percibe un bum do tapeo?

-Lévase máis o tapeo gratuito ou, polo menos, que non apareza reflexado o prezo na tapa.

-¿Que tapas son as favoritas?

-Aos clientes gústalles moito a revolcona de zorza, unha receita de Extremadura onde eu vivín un ano, modificada. É pataca cocida algo machacada, á que se lle fai un refrito e se engaden uns torreznos, con vinagre e algo de pemento que da acidez. Non é exactamente puré. Pero eu a fago con zorza, menos cargante. Tamén os champiñóns Sitio, con cebola e sofrito de verdura e salsa de soia que lle dá sabor forte ao champiñón. A veces lle botamos nata. Dentro das comúns, as patacas alioli do Barrio Húmedo de León, entre cocidas e fritas cunha lactioli, que leva con leite, máis sana e máis lixeira.

-¿Como quixo logo enfocar o tema da oferta de tapas?

-O bar que tiña antes era unha cervexaría. Temos 25 marcas de cervexas. En tapas nos din que somos ?demasiado? xenerosos.

-Recentemente participou en Un mar de tapas, de Acia Burela.

-Era unha reinterpretación de tapa gañadora do Certamen de Tapas de España de 2015 ¿Percibes? era o seu nome. Era chistorra con tinta de calamar e viño tinto, imitando un percebe.

ENTRE FOGóns sergio rubio gonzález, propietario de sitio, local de tapas en burela