O Mariscal abriu co pregón o Mercado Medieval de Alfoz

a. v. / s. c. ALFOZ / LA VOZ

ALFOZ

Pepa Losada

Tralas palabras de Juanma Marrube celebrouse un desfile

20 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Juanma Marrube, adestrador do Burela FS, veciño de Carballido e alcumado o Mariscal como xogador, foi quen abriu onte á tardiña co seu pregón, agradecido e afectivo, o Mercado Medieval en Alfoz.

Tralo pregón houbo un desfile de traxes medievais, moi seguido e moi aplaudido (con M. Uría e coa colaboración do Nabiño de Mondoñedo), e participaron moitos rapaces. A continuación tiveron lugar danzas medievais (cambiáronse estas dúas actividades de hora para que caera a noite e as danzas luciran máis no contorno da fortaleza castelo).

Un comezo espectacular para un Mercado Medieval que segue hoxe cun amplo programa de actividades, moi pensado tamén para os rapaces, e organizado este ano polo Concello de Alfoz. Moi bo tempo e moi bo ambiente.