El comercio de Viveiro celebrará el Día del Padre con sorteos de premios diarios de 200 euros durante una semana

La Voz

A MARIÑA

Calles comerciales de Viveiro
Calles comerciales de Viveiro PEPA LOSADA

Será del día 12 al 18, como informa el Centro Comercial Histórico de Viveiro, CCHV

11 mar 2026 . Actualizado a las 13:57 h.

El Centro Comercial Histórico de Viveiro, CCHV, celebrará el Día del Padre con sorteos diarios de premios por valor de 200 euros durante una semana; será del día 12 al 18. «O CCHV pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial con motivo do Día do Pai baixo o lema `A semana de papá´, unha iniciativa pensada para premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local. A campaña desenvolverase do xoves 12 ao mércores 18 de marzo e consistirá no sorteo dun premio sorpresa cada día entre as persoas usuarias da App ViveiroCCH. Cada premio diario está valorado en 200€, polo que serán un total de 1.200€ en premios», explican.

«Durante toda a semana -añaden desde el CCHV-, quen realice compras nos establecementos asociados poderá participar no sorteo a través da aplicación, optando así a gañar un premio diario que se dará a coñecer cada xornada. Con esta acción, o Centro Comercial Histórico busca dinamizar a actividade comercial nos días previos á celebración do Día do Pai e animar á cidadanía a apostar polo comercio de proximidade. Desde a asociación destacan que esta campaña pretende converter a semana previa ao Día do Pai nun momento especial para mercar no comercio local, premiando ademais a fidelidade das persoas clientes cun formato de sorteos dinámico e atractivo».

«“A semana de papá” forma parte das accións que o Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza ao longo do ano para promover o comercio de proximidade, dinamizar o centro urbano e reforzar o vínculo entre os establecementos e a clientela, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos. Para participar, as persoas interesadas só terán que utilizar a App ViveiroCCH e seguir as indicacións para entrar nos sorteos diarios durante os días da campaña», señalan. No hay importe mínimo para poder participar y el sorteo será cada día con los tiques del propio día.

«Gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ós gañadores para que poidan recoller os premios. As bases da campaña e tódala información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, X e Instagram», concluyen.