O domingo será o roteiro polas rúas viveirenses con nome de muller, guiado por Carlos Nuevo
07 mar 2026 . Actualizado a las 12:31 h.Este sábado o Concello de Viveiro celebra unha xuntanza de mulleres no restaurante Louzao con motivo do 8M. Trátase dun encontro que se vén celebrando xa desde os últimos anos cunha gran participación. Mañá, domingo, o concello organiza a presentación dun roteiro en feminino, preparado por Lage Seara, e posteriormente haberá un percorrido polas rúas de Viveiro con nomes de muller, guiado polo Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo.