Xunta, Diputación y Concello destinan 770.000 euros a evitar más inundaciones del río Fontecova en Xunqueira-Viveiro
A MARIÑA
En la zona hay una importante presión urbana y podría volver a provocar daños e inundaciones; colaboran Augas de Galicia, Diputación y Concello de Viveiro
07 mar 2026 . Actualizado a las 13:20 h.La Xunta adjudicó por algo más de 770.000 euros, con IVA incluido, la obra de mejora estructural para la reducción de riesgo de desbordamiento del río Fontecova, en Xunqueira-Viveiro. «A actuación de melloras estruturais enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Xunta, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro, que ten vixencia ata finais deste ano. O financiamento realízase con cargo a fondos procedentes do MRR, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do NextGenerationEU», explican desde la Xunta.
«Do investimento total -especifican- Augas de Galicia achega preto do 61% e o resto apórtano a partes iguais o organismo provincial e o concello. As actuacións do proxecto localízanse na Arpsi Río Fontecova, pertencente ao grupo IV (risco elevado) e ao ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. O proxecto construtivo ten como base as propostas específicas de xestión do risco de inundación desenvolvidas previamente por Augas de Galicia nesa zona e consensuadas co concello».
«O fin último das intervencións é mellorar a capacidade hidráulica do leito do río nun tramo de 280 metros de lonxitude, unha zona cunha importante presión urbana en ambas marxes na que as inundacións afectan a vivendas situadas no núcleo da Tafona. As obras, cunha duración estimada de oito meses, realizaranse en catro treitos repartidos nun total de 11,3 quilómetros, que son os que integran a Arpsi Río Fontecova. As principais obras implicarán realizar a canalización das marxes do río, actuacións no azude e tarefas de urbanización de pavimentos», concluye la nota informativa de la Xunta.