San Cibrao celebra este sábado a Festa do Mexillón

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Amenizan o mediodía A Rebolaxe e Fol do Raxal e a partir das 19h a Charanga TNT e Charanga da Carmiña

21 feb 2026 . Actualizado a las 13:10 h.

A localidade de San Cibrao celebra hoxe, sábado, a xa clásica Festa do Mexillón. Unha xornada na que se poderán degustar mexillóns preparados de diversas modalidades nos diferentes establecementos hosteleiros da Península da Paz. Ademais non faltará a música amenizando esta xornada; ao mediodía tocarán percorrendo a localidade os grupos A Rebolaxe e Fol do Raxal. Xa pola tarde, a partir das 19 horas, serán a Charanga TNT e Charanga da Carmiña as que se encarguen de amenizar o final do día nesta Festa do Mexillón, tradicional xa en San Cibrao coa colaboración do Concello de Cervo. Por outra banda en San Román de Vilaestrofe tamén celebran hoxe á noite o Carnaval.