Perfecto Parapar pregonará o Entroido de Viveiro o xoves 12 de febreiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Perfecto Parapar foi pregoeiro da Semana Santa de Viveiro no 2017</span>
Perfecto Parapar foi pregoeiro da Semana Santa de Viveiro no 2017

O acto terá lugar no Teatro Pastor Díaz e marcará o inicio da programación festiva

07 feb 2026 . Actualizado a las 11:34 h.

O Concello de Viveiro recuperará este ano o Pregón do Entroido, unha tradición que formou parte da historia desta celebración no municipio. Nesta edición, será o acto de inicio da programación e terá lugar no Teatro Pastor Díaz. Deste xeito, Perfecto Parapar Trasancos será o encargado de inaugurar o Entroido 2026 o xoves 12 de febreiro ás oito da tarde. Perfecto Parapar Trasancos é un veciño de Viveiro moi vinculado ao Entroido e que mantivo unha relación continuada con esta festa durante os anos. Deste xeito, o Pregón porá o foco no recoñecemento da participación e do compromiso persoal coa tradición popular do Concello.