Electricidad Núñez gana o premio de escaparates navideños en Foz e a Acia tamén sorteou os premios dos dez Soños de Nadal

La Voz

A MARIÑA

Fiesta de Reyes Magos en la Sala Bahía
Fiesta de Reyes Magos en la Sala Bahía Pepa Losada

Os premiados recibirán en total mil euros en vales de compra

08 ene 2026 . Actualizado a las 17:47 h.

Este xoves pola mañá foron sorteados os premios dos dez Soños de Nadal de Acia Foz-CCA da campaña navideña. As persoas afortunadas recibirán en total 1.000 euros en vales de compra. As papeletas premiadas son as seguintes: 16593, entregada en Centro Dietético Alba Vila; 25451, en Ana Fabeiro; 40303, en Xoguetería Bahía; 58914, en La Flor Abulense; 9216, en Kukadas; 5700, en Ártico; 3585, en Chinela Nenos; 45839, en Vass; 15681, en Carnicería Mercedes; e 7752, en Electricidad Núñez. O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. A cita contou coa presenza do presidente e da xerente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo e Ana Segade.

José Carlos Paleo agradeceu «a fidelidade nos negocios locais nesta pasada campaña de Nadal. Cada persoa afortunada no sorteo desta mañá recibirá 100 euros en vales de compra, que son moi ben recibidos nestas datas despois de todos os gastos das festas. Todo é unha axuda para levar o mellor posible o mes de xaneiro».

Escaparates

Por oura banda, Acia Foz-CCA deu a coñecer tamén hoxe o nome dos establecementos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal. O primeiro premio é para Electricidad Núñez; o segundo para Ártico; e o terceiro para Isla. Lencería Esther recibe o premio ao mellor decorado exterior; e Pastelería Anduriña e Marexada, á mellor decoración interior.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que «un ano máis quixemos premiar aos escaparates máis bonitos e orixinais. A xente esmérase moito e queremos ter un recoñecemento con eses negocios que nos iluminan coa maxia do Nadal». A entrega de todos estes premios terá lugar a finais do mes de xaneiro. Para a campaña de Nadal Acia Foz-CCA contou coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.