Última hora
Noelia muere tras casi dos años de batalla legal contra su eutanasia

Solo dos carteros para atender todo el servicio de Correos en O Valadouro y Alfoz

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

El BNG llevará esta situación precaria al próximo pleno municipal

30 dic 2025 . Actualizado a las 18:14 h.

Solo dos carteros están atendiendo en la actualidad todo el servicio de Correos en los municipios de O Valaoduro y Alfoz. Ante esta situación el BNG comunica que llevará este tema al próximo pleno que celebre la corporación local.

«O Grupo Municipal do BNG na  corporación de O Valadouro vén de presentar unha moción para tratar no próximo pleno ordinario relativa á precaria situación na que se atopa o  servizo de correos na localidade, que dá servizo tamén ao veciño concello de Alfoz. Correos é unha das poucas empresas públicas que sobreviviron á vaga privatizadora iniciada hai décadas polos diferentes gobernos do Estado. Máis recentemente no tempo, as sucesivas reestruturacións do grupo ou a adaptación da lexislación estatal a unha directiva europea, parecen ir anunciando o camiño cara á denominada “liberalización”, é dicir, privatización do servizo postal. Neste contexto é no que se dá o problema do servizo de correos no Valadouro igual ca noutros concellos, como foi este ano o caso de Foz, por exemplo. Só hai dous carteiros para atender un servizo no que antes había catro», señalan desde la formación nacionalista.

Explican los ediles Eduardo Chao y Eliseo Teijeiro,  «que anos atrás eran catro carteiros os que facían o servizo e agora xubilouse un e non se cubre a praza, co que quedarían tres, pero agora mesmo están dous xa que un deles atópase de baixa e esta tampouco se cubre, cargando todo o traballo a dous carteiros, nuns concellos eminentemente rurais e con poboacion moi dispersa e con moita correspondencia oficial para trámites, coma pasaportes do gando que os gandeiros están a recibir moi xustos de prazo, notificacións de catastro, sancións de tráfico, citas médicas e comunicacións do Sergas e máis. Todo esto trae consigo o correspondente perxuizo para a poboación que tanto no Valadouro coma en Alfoz xa non é moi nova».

«Ademais -apuntan desde el BNG- Correos está a introducir de xeito forzado novos servizos no rural con criterios exclusivamente comerciais, como pode ser por exemplo a venta de seguros, o que engade maior presión e carga de traballo a un persoal xa saturado pola falta de efectivos. A situacion descrita redunda nun peor servizo postal para o conxunto da veciñanza do Valadouro, ademáis dunhas peores condicións laborais para as traballadoras e traballadores.  Hai unha perda de calidade do servizo, que antes que en Correos xa se víu  noutras empresas, organismos e servizos públicos logo privatizados».